ADESTRADORES
Ofrecémoste a posibilidade de dispoñer de asesoramento profesional para planificar os teus adestramentos e axudarte a conquerir os obxectivos que te propoñas.
Marcelo Rodríguez Serantes
Director técnico na Delegación de Ferrol da Federación Galega de Atletismo ata a tempada 2005-2006. Formou parte do Plan N.I.T.A. da Federación Galega de Atletismo na especialidade de medio fondo e fondo. Colaboración co INEF Galicia na materia de Practicum en Rendemento Deportivo que imparte o profesor D. José Luis Tuimil. Colaboración co profesor do INEF D. Isidoro Hornillos na súa tesis doctoral. Fundador do Clube Atletismo Narón e director técnico ata a tempada 2000-2001. Participa como entrenador e colaborador coa selección galega ao ter presencia atletas que entrena dende a tempada 96-97 ata a actualidade, tanto en competicións de cross como en pista. Forma parte do cadro técnico do Clube Ría de Ferrol, que milita na división de honor feminina. Forma parte do Plan Galego de Tecnificación Atlética (PGTA) pola puntuación dos atletas que entrena na actualidade. Entrenador entre otros de atletas como: Rocío Rodríguez Longa Vanessa Rodríguez Longa Paula Mayobre González Andrea Montero Martínez Cristóbal Rodríguez Santiago García Rodríguez Sergio Piñon Paz Adrián Bouza Díaz Circular temporada 2018-19 |